Manto (moluscos)

Lura (Loligo vulgaris). O manto é todo o que se ve tras a cabeza: a parede corporal externa e as aletas son parte do manto.

O manto,[1] tamén denominado palio,[2] é unha das tres partes en que adoita dividirse a anatomía dos moluscos (as outras dúas son a cabeza e o ).

É a parte dorsal da parede do corpo que cobre a masa visceral.

É un órgano de orixe ectodérmica cuxas células epiteliais segregan carbonato cálcico e conquiolina, que orixinan espículas epidérmicas, placas ou a cuncha.[3]

O manto es un órgano musculoso e ten, con frecuencia, o aspecto dunha capa (de aí o seu nome) xa que, en moitos grupos de moluscos, esténdese máis alá do corpo formando unha estrutura de dobre parede en forma de lapela que se adapta a usos moi diferentes como, por exemplo, a función de sifón. Nos cefalópodos a contracción do manto forza á auga a saír a través do sifón, o que impulsa ao animal, que se despraza así con gran rapidez. Noutros moluscos úsase para a locomoción, como unha especie de pé.

A maioría dos moluscos posúen no manto unha cavidade, situada primariamente en posición posterior, chamada cavidade do manto ou, máis frecuentemente, cavidade paleal, onde se aloxan as súas complexas branquias e os osfradios, e onde se abren o ano, os nefróporos e os gonóporos.

  1. manto4 no dicionario da RAG.
  2. palio4 no dicionario da RAG.
  3. Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid, etc.: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search